A Xunta de Galicia está construíndo en Vigo un novo Hospital Público que dará asistencia sanitaria a máis de 600.000 veciños desta cidade e a súa área de influencia. Trátase da obra sanitaria pública de maior envergadura que se está acometendo actualmente en España, e estará finalizada no tempo récord de 31 meses. Con esta nova infraestrutura asistencial, que formará parte do sistema multihospital, dase resposta con visión de futuro a unha necesidade histórica, e faise xustiza coa área sanitaria máis numerosa de Galicia. A finais do ano 2013 a área metropolitana de Vigo disporá dun hospital público dos máis modernos de Europa, situado na vangarda tecnolóxica, no que prestarán asistencia os profesionais sanitarios do Servizo Galego de Saúde, e que ofrecerá as mellores condicións asistenciais para pacientes e profesionais.
Destacados
12 abril 2013
28 decembro 2012
04 outubro 2012